Publicador de contidos
Publicador de contidos

Reabren as Caldas do Miño tras a eliminación da bacteria detectada

Reabren as Caldas do Miño tras a eliminación da bacteria detectada

A bacteria foi detectada durante os controis ordinarios que  se realizan periodicamente para verificar a calidade da auga

G24.gal 07/06/2023 09:31

A área de Medio Ambiente do Concello de Lugo informou de que están reabertas ao público as Caldas do Miño despois dos traballos de desinfección realizados durante os últimos días para eliminar unha bacteria detectada nos vasos de auga quente destas instalacións, recentemente inauguradas.

Mediante un comunicado, o Concello informou de que, despois dos traballos de desinfección realizados en todas as instalacións, as analíticas realizadas o pasado xoves, e cuxo resultado se coñeceu onte, confirman “que os parámetros se atopan dentro da normalidade” en canto á presenza de pseudomonas, “unha bacteria moi común, tamén presente na natureza, especialmente en ambientes húmidos”.

Tras notificar esta situación ao departamento de Sanidade da Xunta de Galicia, os inspectores realizaron unha nova inspección ao recinto, e o Concello de Lugo tomou a decisión de reabrir as Caldas do Miño ao público de inmediato.

A bacteria foi detectada durante os controis ordinarios que realiza periodicamente o Concello de Lugo para verificar a calidade da auga.

Tras baleirar os vasos, a área de Medio Ambiente levou a cabo un tratamento de choque para desinfectar todas as instalacións, tanto as piscinas coma os condutos e filtros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade