Publicador de contidos
Publicador de contidos

GiDi, un novo robot con selo galego para o seguimento de doentes no domicilio

GiDi, un novo robot con selo galego para o seguimento de doentes no domicilio

Este asistente virtual, que conversa en varios idiomas, é capaz de interactuar coas persoas usuarias utilizando só a voz

A empresa Balidea, con sede en Compostela, lidera o proxecto, no que colaborou a Universidade de Vigo

Un usuario de Domus Vi interactua con DiGi
G24.gal 13/10/2024 14:33 Última actualización 13/10/2024 16:40

A intelixencia artificial segue dando pasos para converterse nunha ferramenta imprescindible no coidado das persoas maiores. Actualmente existen unha cantidade importante de inventos aplicados a este fin.

"Ola o meu nome é GiDi e son un asistente virtual para o programa HADO".

Así se presenta GiDi, un robot que pode desprazarse de xeito autónomo, facer un seguimento sobre o estado dos usuarios e mellorar a súa calidade de vida.

O proxecto, cofinanciado pola Unión Europea e liderado pola empresa Balidea, comezou en 2022. Dous anos e catro meses despois, pon a proba a súa capacidade para entenderse cos usuarios.

"Ola, que tal? (ben) Imos tomar as medidas sobre o seu sono, que tal durmiu hoxe?".

"O primeiro é validar que entenda ben, que cree as alarmas correctas, que xere os datos de xeito correcto, pero o que estamos a facer esta semana aquí en Domus Vi é validar a interacción", explica Mari Carmen Balidea.

Este asistente virtual non precisa dunha tecnoloxía especial, só hai que premer un botón. Nos domicilios será suficiente cun teléfono móbil.  GiDi clasificará os doentes segundo a gravidade e implementará protocolos personalizados.

"Permítenos vixiar iso a distancia e que nos faga unha especie de filtro, que doentes imos ter que visitar cada día, si ou si, cales podemos facer unha chamada telefónica e cales son  estables e xa non nos van necesitar ese día. Iso ten un potencial enorme", di Ignacio Novo, coordinador do programa Hado da área Compostela-O Barbanza.

"Certas tarefas que recollería o robot pois evitaría que tivesen que consultala os nosos profesionais e gañariamos máis tempo de atención directa, ten un potencial enorme", Lucía Alonso, directora de Domus Vi San Lázaro.

GIDI pode conversar en varios idiomas e entender os usuarios identificando palabras chave e lembrando conversas anteriores.

"Un bico para todas as persoas que ven a televisión publica galega e aproveito para preguntar: isto cando sae?", conclúe GiDi.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade