Reabren os vacinódromos para inmunizar contra a covid e a gripe a poboación de entre 70 e 79 anos

Os convocados poden participar nun maiores ensaios clínicos sobre vacinas que se teñen realizado en España

G24.gal 26/10/2023 14:46

En total son 270.000 persoas de entre 70 e 79 anos que desde hoxe son recibidos nos vacinódromos para inmunizarse contra a gripe e a covid. E simultaneamente chámase os traballadores sociosanitarios e hai repescas nos centros de saúde de referencia para os de anteriores quendas que non puideron vacinarse. 

Paralelamente desenvólvese nestes grandes recintos un ensaio clínico no que as persoas convocadas poden participar de xeito voluntario e que promove o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago. Do que se trata é de comprobar se a vacina reforzada que poñen os maiores de 80 resulta tamén máis eficaz no grupo de idade anterior.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade