Lores anuncia un recurso para continuar loitando contra a presenza de Ence en Lourizán
Lores anuncia un recurso para continuar loitando contra a presenza de Ence en Lourizán
A empresa e os traballadores cren que xa teñen a seguridade xurídica precisa para seguir avanzando tras coñecerse o contido íntegro da sentenza do Supremo
O contido íntegro do ditame do alto tribunal establece que a clave para permitir a continuidade de Ence na ría de Pontevedra está nos informes ambientais favorables e nunha concesión que foi anterior a Lei de costas de 1988.
No lado contrario das reaccións da empresa e os traballadores sitúase o concello de Pontevedra. Apóiase no voto particular dunha das maxistradas do alto tribunal en contra da prórroga para anunciar que recorrerá o ditame.
Os traballadores din que toca mirar o futuro e non malgastar os recursos públicos.
A Xunta celebra o ditame e di que avala a súa postura sobre as prórrogas das concesións. Tamén satisfai o porto de Marín, onde a pasta de papel de Ence é un tráfico estratéxico con case 400.000 toneladas anuais.