Publicador de contidos
Publicador de contidos

Realizan probas de carga na ponte para valorar a retirada do bus do Lérez

Realizan probas de carga na ponte para valorar a retirada do bus do Lérez

Está previsto que se chegan os permisos de Fomento se poidan realizar os traballos o martes

Técnicos de guindastres e de Monbús na zona do accidente
G24.gal 25/12/2022 19:50

Os profesionais de emerxencias realizaron este sábado probas de carga para valorar a retirada do autobús do fondo de río Lérez no municipio de Cerdedo-Cotobade.

Os técnicos continuaron o traballo, tras a localización das seis persoas falecidas e o rescate de dúas vivas, o que supuxo o remate do rescate.

Ata o lugar do accidente, que se produciu ás 21:19 horas de Noiteboa na estrada nacional 541, en torno ao quilómetro 67 en sentido cara a Pontevedra, ao seu paso pola localidade de Pedre, en Cerdedo-Cotobade, desprazouse un autobús similar ao accidentado.

Alí realízaranse probas de carga para comprobar se é posible extraer do fondo do Lérez o vehículo sinistrado, que na actualidade está cheo de auga en todo o habitáculo, o que aumenta a súa masa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade