Este venres comeza a folga de Iberia que afecta 46 voos galegos
Este venres comeza a folga de Iberia que afecta 46 voos galegos
A parada obrigou a cancelar 444 voos en toda España
Os servizos de asistencia en terra de Iberia estarán en folga dende este venres 5 de xaneiro ata o luns día 8.
A parada obrigou a cancelar 444 voos, afectando máis de 45.600 pasaxeiros. Un total de 46 deses voos corresponden aos tres aeroportos galegos: 16 no aeroporto de Santiago, dous de ida e outros dous de volta por cada xornada de folga; o mesmo no aeroporto da Coruña, e no de Vigo son 14 as conexións canceladas, tres cada día agás o de Reis, que soben a 5.
En todos os casos, trátanse de conexións con Madrid. Os afectados teñen dereito a cambiar a data do billete ou a pedir que lles devolvan os cartos.
A un 92 % dos usuarios o grupo Iberia (Iberia, Iberia Express e Air Nostrum) xa lles deu solución, ben recolocándoos noutros voos, datas ou horarios, ou reembolsando os seus billetes.
A folga foi convocada sindicatos CCOO e UXT, e a ela uniuse USO. Isto sucedeu logo de que Iberia perdera o servizo de asistencia en terra en varios dos principais aeroportos españois no concurso resolto polo xestor aeroportuario Aena en setembro. A
demais, finalizaron sen acordo as negociacións para realizar neles 'autohandling' (consistente en que Iberia se prestase a si mesma ese servizo nos aeroportos en que perdeu a prestación).