Reabren as termas públicas de Ourense tras dous anos de peche
Reabren as termas públicas de Ourense tras dous anos de peche
Os habituais botaban en falta o baño nestas augas termais, en plena natureza
Os vasos enchéronse xa pola mañá nas termas de Outariz e da Burga de Canedo para que se puideran desfrutar en toda a xornada. E tras dous anos pechadas, primeiro pola pandemia e despois por lei, seica había ganas.
Algúns comentaron que estaban agardando xa este día e outros din que, vir decote, lles fai moito ben para a saúde.
A reapertura trae consigo novas regras como o uso obrigado da máscara mesmo na auga se é no recinto interior. Pero a prohibición de levar botellas, vasos, frotadores, pelotas ou mascotas e a de só poder estar na auga media hora, son segundo os usuarios, de sentido común como nos comenta un: "Ninguén aguanta máis de vinte minutos porque as augas están quentes e loxicamente, tés que saír"
A prohibición máis difícil seguramente sexa a de non permitir o uso de teléfonos, aparatos de música ou cámaras de fotos e vídeo, debido a lei de protección de datos. Dado que se supoñen lugares para a relaxación, os usuarios gañarán en tranquilidade e paz, en plena natureza.