Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rebeca, estudante galega en Taiwán: "As réplicas asustan máis ca o primeiro tremor"

Rebeca, estudante galega en Taiwán: "As réplicas asustan máis ca o primeiro tremor"

Esta estudante viguesa leva sete meses vivindo na capital, Taipei

Relátanos como viviu o terremoto máis forte deste século en Taiwán

Ascenden a 9 os mortos polo terremoto de Taiwán, que deixa máis de 100 réplicas

G24.gal 03/04/2024 21:10 Última actualización 03/04/2024 21:43

Taiwán. Mañá deste mércores. 7:58, hora local. Sismo de magnitude de 7,2. Aí, na capital, en Taipei, está Rebeca.

Esta galega, estudante de intercambio en Taipei, sorprendeuse e asustouse cando de súpeto comezou a tremer a súa habitación. Nunca vivira nada semellante. Non sabía como actuar. Resolveu aguantar na cama ata que parase.

Despois contactou coa súa familia de acollida. Tranquilizárona. Colleu o autobús. E sofre unha primeira réplica. Horas despois, mentres grava un vídeo para nós, ten que interromper a gravación porque chega unha réplica máis. Eran xa as once da noite alá. Ían máis de cen tremores menores.

En todo caso, o sismo fora máis forte noutras zonas, onde ela ten compañeiros que o pasaron peor. Foi o terremoto máis forte deste século en Taiwán. Polo menos nove persoas morreron e máis de 800 quedaron feridas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar