Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dous lixeiros sismos sacoden o concello de Taboada

Dous lixeiros sismos sacoden o concello de Taboada

O de maior intensidade produciuse ás 8:40 destes martes e alcanzou os tres graos de magnitude na escala de Richter

(Imaxe: Instituto Xeográfico Nacional)
G24.gal 08/10/2024 09:52

O concello lugués de Taboada rexistrou nas últimas horas dous tremores que para a maioría pasaron inadvertidos.

"Non nos enteramos de nada". "A esta hora estaba xa levantada pero non me enterei", contan os veciños

Segundo datos do Instituto Xeográfico Nacional, o máis pequeno rexistrouse ás 5:42 horas, e alcanzou unha magnitude de 1,8, mentres que o tremor principal, de 3 graos na escala de Ritcher, foi contra as 8.40 da mañá.

Tamén houbo quen, por experiencias anteriores, se decatou á primeira.

"Estaba na cama e deime de conta, pero como xa vivín o grande rexistrado en Becerreá xa sei como son".

E entre os que si o sentiron dubidaron incialmente de que se trataba.

"Oín un ruído que pensei que era de tormenta".

"Sentín un ruído pero nese intre non pesei que fora un tremor".

Aínda que sen incidencias, na vila xa se rexistraron sismos maiores que moitos lembran.

"Lembro outros sismos grandes nos que mesmo saímos para fóra da casa".

O epicentro do tremor, a un quilómetro de profundidade, rexistrouse na ribeira do Miño, e sentiuse noutros concellos, como Bóveda ou O Saviñao.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade