Cargando resultados...
Rebenta a comporta central do encoro de Vilamartín de Valdeorras
Rebenta a comporta central do encoro de Vilamartín de Valdeorras
Non hai feridos nin risco de inundación
G24.gal
22/02/2022 22:37
Rebentou a comporta central do encoro de Valencia do Sil, parroquia do concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras. Non hai feridos e, polo momento, aparentemente parece que non hai danos.
Non hai risco de inundación porque a auga vai directa cara ao encoro que hai río abaixo, o de San Martiño, no concello veciño da Rúa.
O principal uso da presa de Valencia do Sil é a produción de enerxía hidroeléctrica e está xestionada pola empresa Iberdrola. Polo momento, descoñécese que causou que a comporta central do encoro rebentase.