Publicador de contidos
Publicador de contidos

Recala na Coruña un dos cruceiros máis sostibles do mundo

Recala na Coruña un dos cruceiros máis sostibles do mundo

O MSC Euribia navega con máis de 4.000 persoas a bordo

A Coruña ten confirmadas 160 escalas de transatlánticos en 2024

G24.gal 13/01/2024 14:37 Última actualización 13/01/2024 14:55

O porto da Coruña ten confirmadas para este ano 160 escalas de cruceiros, un sector que segue medrando e batendo marcas temporada tras temporada.

Este sábado recalou por primeira vez na cidade o MSC Euribia, o terceiro transatlántico máis grande do mundo e un dos máis avanzados en eficiencia enerxética.

O MSC Euribia navega con algo máis de 4.000 pasaxeiros a bordo, propulsado por gas natural licuado, actualmente o combustible mariño máis limpo.

Este barco de máis de 330 metros de eslora é un dos cinco que recalará na Coruña en xaneiro e unha das 160 escalas xa confirmadas ata decembro.

As previsións da Autoridade Portuaria indican que 2024 será outro ano de récord. En 2024 desembarcarán na Coruña máis de 350.000 turistas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade