Cargando resultados...
Reclaman a limpeza dun monte por medo aos incendios en Baiona
Aseguran que os eucaliptos medraron tanto que interfiren no sinal de televisión
G24.gal
27/07/2022 14:16
Os eucaliptos e a maleza medran sen límite nun monte pegado a varias vivendas na parroquia de Sabarís, en Baiona. Os veciños, ante a seca que se está a vivir, temen que de producirse un incendio, o lume chegue ás casas.
Din que hai xa dous anos que presentaron unha reclamacón no Concello e que ademais do lume, os eucaliptos interfiren no sinal da televisión.
Desta vez, dende o Concello de Baiona volveron poñerse en contacto con eles e os afectados agardan que agora si se faga efectiva a limpeza do monte ante o risco de incendios.