Reclaman cun cartel o pagamento da restauración do retablo de Caraño en Pol
Reclaman cun cartel o pagamento da restauración do retablo de Caraño en Pol
O elemento, pertencente á antiga igrexa parroquial, falta dende hai dez anos
A antiga igrexa de Caraño, un dos principais elementos artísticos do concello de Pol, foi abandonada nos anos 70 logo da construción dun novo templo. O edificio está agora en ruínas, pero conservaron o retablo, que en 2013 foi levado a Lugo para ser restaurado.
Unha década despois, apareceu un letreiro en que se reclama o pagamento deses traballos e mais as rendas pola ocupación do local onde supostamente se encontra.
Cando o retablo foi levado a restaurar, estaba á fronte desta parroquia un crego que xa faleceu. Agora, os veciños reclaman que as débedas sexan saldadas por quen corresponda para que ese patrimonio volva a Caraño. Entrementres, a antiga igrexa segue en ruínas e sen o seu retablo.