Varias parroquias de Cambre reclaman melloras viarias para garantir a súa seguridade
Varias parroquias de Cambre reclaman melloras viarias para garantir a súa seguridade
Denuncian incontables puntos onde os coches non respectan os límites de velocidade, polo que os peóns están en perigo constante
Veciños de distintos núcleos de Cambre unen forzas para reclamar máis seguridade viaria nas súas estradas. E non é que pidan grandes investimentos. Nalgún caso cren que un paso de peóns melloraría moito a situación.
Un deles é nesta estrada do lugar dos Campóns, próximo á entrada da autovía A-6. Din que aquí hai unha parada á que acotío acoden os nenos para coller o bus escolar, e que non lles queda outra que cruzar poñendo en perigo a súa integridade física.
Protestan tamén de que os coches que circulan por esa estrada da parroquia de Anceis excenden os límites de velocidade.
Queixas que se repiten na súa parroquia veciña de Sigrás. Aquí, na zona da glorieta, aseguran que os peóns están en perigo constante. Así que, como medida de presión, decidiron recoller sinaturas.
Polo momento, conseguiron que instalaran un medidor de velocidade na estrada de Cambre a Carral, pero teñen claro que non van parar ata lograr que lles pinten os pasos de peóns que veñen reclamando. Din que non é moito pedir, pero si necesarios.