Publicador de contidos
Publicador de contidos

Reclaman prezos enerxéticos xustos e servizos bancarios accesibles no Día Mundial dos Dereitos dos Consumidores

Reclaman prezos enerxéticos xustos e servizos bancarios accesibles no Día Mundial dos Dereitos dos Consumidores

A nivel internacional este 15 de marzo celébrase baixo a reivindicación dunhas finanzas dixitais xustas

A defensa das persoas consumidoras e usuarias é un dereito recollido no artigo 51 da Constitución Española

G24.gal 15/03/2022 20:53

Organizacións de persoas consumidoras bótanse á rúa para informar e concienciar á cidadanía da importancia de defender e protexer os seus dereitos.

"Hai que ensinar á xente a facer reclamacións porque son moitos os abusos que hai tanto nos seguros como nas eléctricas, na telefonía, na banca", explica o secretario de Adicae-Galicia, José Ferreiro.

Moitas das queixas que reciben son por mor dos altos custos da enerxía. A nivel internacional neste 2022 o Día mundial do consumidor é ante todo unha xornada reivindicativa para reclamar unhas finanzas dixitais xustas e uns servizos bancarios accesibles para todas as persoas.

"En Adicae reclamamos unha transición dixital xusta en que os consumidores teñan acceso a todos os servizos posible, pero ao mesmo tempo se lles ofreza formación en dixitalización", apunta Nerea Rivero, técnica de Consumo de Adicae-Galicia. 

A defensa das persoas consumidoras e usuarias é un dereito recollido no artigo 51 da Constitución Española que establece a obriga dos poderes públicos de garantilo. Información e formación. Dúas ferramentas útiles para consumir con dereitos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade