Publicador de contidos
Publicador de contidos

Recolocan a pasaxe dun rexional entre Santiago e Vigo por falta de espazo

Recolocan a pasaxe dun rexional entre Santiago e Vigo por falta de espazo

O convoi contaba cun vagón menos para poder levar a xente que comprara o billete entre Compostela e Guixar

G24.gal 08/06/2024 11:15 Última actualización 08/06/2024 11:28

Decenas de pasaxeiros dun tren rexional que partiu este venres da Coruña con destino Vigo-Guixar quedaron máis dunha hora en Santiago agardando por autobuses para completar a súa viaxe ata Pontevedra e Vigo.

Aseguran que o convoi chegou a Santiago con dous vagóns, cando debía levar tres, o que obrigou a apear do tren parte da pasaxe cando xa se atopaba a bordo. Despois de máis dunha hora esperando os autobuses que os levarían, foi recolocada no AVE Madrid-Vigo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade