Publicador de contidos
Publicador de contidos

O sector do mar insiste na seguridade do peixe e o marisco galegos

O sector do mar insiste na seguridade do peixe e o marisco galegos

A limpeza mantense nunha trintena de praias e vixíanse posibles cambios polas correntes

G24.gal 11/01/2024 14:50

As mareas e o vento poderían facer que aumente a presenza de pellets plásticos na costa galega na fin de semana. A recollida debe ser coidadosa para evitar o impacto ambiental. 

Aos 200 operarios despregados pola Xunta, únense outro cento nestes días. A aseguradora do barco que perdeu os contedores púxose á disposición da Administración. Os voluntarios organízanse en distintas zonas de Galicia. 

As confrarías piden tranquilidade e insisten na seguridade do peixe e o marisco galegos. A Asociación Galega de Empresarios de Moluscos destacan en que os produtos galegos pasan controis de calidade diarios antes de chegaren ao mercado.

A limpeza mantense nunha trintena de praias e vixíanse posibles cambios polas correntes e o vento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade