Publicador de contidos
Publicador de contidos

Recomendan bañarse só nas praias fluviais para evitar as correntes

Recomendan bañarse só nas praias fluviais para evitar as correntes

As enchentes do Miño ao seu paso por Arbo aumentan os riscos

G24.gal 03/05/2022 13:57

A traxedia desta fin de semana en Arbo, onde un neno de dez anos e o seu pai morreron afogados no río Miño, puxo de manifesto o perigosas que poden resultar certas zonas naturais, máis aló da súa beleza. Facelas máis seguras sen estragar a paisaxe é moi complicado, polo que os expertos chaman a visitalas sempre con prudencia.

O consello principal que ofrecen as persoas que mellor coñecen esta canle fluvial é achegarse a ela con respecto e moitísima prudencia, e utilizar única e exclusivamente as zonas que están habilitadas, sobre todo nun tramo de río coma este que experimenta cambios notables no seu caudal.

Os cambios no nivel das augas neste treito do Miño débense ao fluxo dunha presa lindeira. Actualmente o sinal que advirte das variacións non é visible. Aínda que as enchentes non son inmediatas cando se abren as comportas, si provocan modificacións que aumentan o risco. Precisamente, a canle estaba alta cando se produciu o accidente. 

O curso do Miño nesta zona faino especialmente atractivo para a práctica de deportes de aventura, pero mesmo as persoas que coñecen cada recuncho perciben a súa perigosidade. 

Ás portas da temporada de baño, a recomendación xeral é usar só as zonas acoutadas e, na contorna do río, extremar as precaucións. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos