Publicador de contidos
Publicador de contidos

Recomendan non levar unha carga excesiva nas mochilas escolares

Recomendan non levar unha carga excesiva nas mochilas escolares

Os médicos especialistas aconsellan non levar o peso sobre as costas dos nenos e as nenas durante moito tempo

Para evitar danos musculares ou contracturas é importante colocar e marrar axeitadamente a mochila, non na parte baixa das costas 

Recomendan tamén non cargar o 20 por cento do peso do corpo do neno ou da nena

G24.gal 05/09/2023 21:04 Última actualización 05/09/2023 21:26

Coa volta ao cole dispáranse as compras do material escolar e tamén das mochilas necesarias para levar todo o que precisan para as clases. Os médicos recomendan non cargalas excesivamente para evitar complicacións como as dores musculares.

Volven as clases e con elas tamén as mochilas cargadas. Pais e nais preocúpanse de que os escolares non leven cargas excesivas e do mellor xeito de soportar o peso. 

Os médicos especialistas recomendan aplicar o sentido común para previr e, en caso de molestias, consultar primeiro en pediatría. 

"Non é recomendable levar cargas excesivas durante un tempo excesivo sobre as costas dos nenos. E, en calquera caso, o repartimento desa carga ten que ser simétrico, sen que haxa lateralidades que poidan levar a posturas un pouco viciadas", explica o traumatólogo do Complexo Hospitalario de Ourense Benito Ramos Domingo. 

E recomendan tamén non levar a mochila na parte inferior das costas. Para evitar "molestias hipertonías, contracturas en algúns nenos, que poden ser perfectamente corrixibles cunha posición adecuada", di o traumatólogo. 

Ademais, o Colexio de Podoloxía aconsella evitar as sobrecargas porque poden afectar ao camiñar, sobre todo, se xa ten os pés planos. E non convén exceder o 20 por cento do peso do neno ou da nena.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade