Reconstrúen unha das portas de entrada ao castro de Santa Trega
Reconstrúen unha das portas de entrada ao castro de Santa Trega
O traballo fíxose a partir da pedra orixinal e cos métodos tradicionais
Aos xa indiscutibles atractivos que ten o castro de Santa Trega, na Guarda, súmase agora a reconstrución dunha das portas de entrada ao poboado.
Un traballo feito a partir da pedra orixinal e cos métodos tradicionais.
Desde que se fixo a primeira excavación en 1910 o lintel permaneceu no chan, moi preto do lugar que ocupou hai dous milenios. Esa peza orixinal permitiu reconstruir a porta norte tal como era na súa época, cando se levantou a muralla que rodea o asentamento.
A muralla ten dúas portas de acceso ao poboado. As dimensións das entradas determinaban a importancia e estatus de cada castro.
A colaboración entre o CSIC e o concello da Guarda posibilitou a rehabilitación da entrada. Un proxecto conxunto que contempla máis actuacións para seguir descubrindo os segredos que aínda agocha o castro.
Estímase que o castro foi fundado entre os séculos terceiro e sgundo antes de Cristo e estivo habitado ata o primero da nosa era. Agora, recibe a visita dunha media de 200 mil persoas cada ano.