Reconstrúen o accidente que lle custou a vida a un home de 36 anos en Cangas
Reconstrúen o accidente que lle custou a vida a un home de 36 anos en Cangas
Veciños e amigos homenaxean a vítima no día en que faría 37 anos
Esta mércores tivo lugar en Cangas a reconstrución policial do accidente que o venres pasado lle custou a vida a un veciño de 36 anos. O presunto responsable, que deu positivo nas probas de alcol e drogas, permanece en prisión provisional.
Os traballos para a reconstrución do accidente comezaban na zona da praza de abastos pouco despois das 10 da mañá. A Policía Local de Cangas cortaba o tráfico na zona onde ocorreu o sinistro para marcar os puntos onde aínda había pegadas do sinistro.
É a primeira vez que a Policía Local de Cangas leva a cabo unha actuación deste tipo. Foi posible grazas á participación da Academia de Seguridade, que fixo voar un dron para tomar imaxes e realizar medicións. Percorreu a zona da persecución ata o lugar en que o causante do accidente impacta contra o falecido.
Posteriormente escanearon os vehículos para coñecer os máximos datos posibles sobre as circunstancias do sinistro.
O detido permanece no cárcere da Lama e está investigado por homidicio doloso.
O falecido, Miguel Pereira, recibiu este mércores unha homenaxe de veciños e amigos, no día en que cumpriría 37 anos.