Publicador de contidos
Publicador de contidos

Recorren a sentenza que absolve o Concello de Lugo dun suposto erro na atención a unha muller asasinada polo seu home

Recorren a sentenza que absolve o Concello de Lugo dun suposto erro na atención a unha muller asasinada polo seu home

A irmá da vítima denuncia que non contou coa atención axeitada na Casa da Muller

O Concello respectan o dereito ao recurso e defenden que o funcionamento foi o correcto

Martina Gómez denuncia que a Casa da Muller de Lugo leva dous anos sen cubrir a praza de psicólogo
G24.gal 29/02/2024 14:20 Última actualización 29/02/2024 14:41

A irmá de Ana Gómez non se rende e recorrerá a sentenza que desestima a súa demanda contra o Concello de Lugo pola suposta mala atención que recibiu na Casa da Muller pouco antes de ser asasinada polo seu home en Becerreá. 

Pasaron xa oito anos desde que lle arrebataron a vida en presenza dos seus dous fillos. Pouco antes fora á Casa da Muller de Lugo. A súa irmá di que apenas había persoal por baixas e vacacións, e non entende que ninguén fose capaz de ofrecerlle protección. O peor, asegura, é que as cousas non melloraron.

Desde o Concello respectan ese dereito ao recurso, pero din que a sentenza foi clara. "O trato recibido na Casa da Muller foi o axeitado", defenden.  

Arroupada pola Plataforma Feminista, a irmá de Ana Gómez denunciou tamén o atraso na adhesión ao sistema VioGen de seguimento e protección das vítimas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade