Recrean o paso dos romanos polo río Lethes en Xinzo de Limia
Recrean o paso dos romanos polo río Lethes en Xinzo de Limia
En Xinzo de Limia volveron durante esta fin de semana a revivir a época romana e o momento da súa conquista. O acto central celebrouse na tarde do domingo, carecterizados de romanos e castrexos recrean o momento do cruzamento do río Lethes que, segundo a lenda, tiña o poder de facer esquecelo todo a quen atravesaba as súas augas. É a Festa do Esquecemento, unha cita xa consolidada no calendario festivo do verán.
No campamento da xa conquistada Civitas Limicorun centrouse boa parte das celebracións da viséximo terceira edición da Festa do Esquecemento. Unha festa que lembra cando no ano 137 a. C. as lexións lideradas por Décimo Xuño Bruto chegaron ata a vila limiá. Na marxe esquerda do río Limia po xeneral demostrou que a lenda do río do Esquecemento, o río Lethes, non era verdade. Obrigou os seus soldados a cruzar as augas e non perderon a memoria. Despois romanos e castrexos enfrontárense nun cruento combate ata que mataron o líder dos limiaos e Roma fíxose coa vila.
Ao longo de tres días houbo desfiles, espectáculos, un mercado, actividades infantís e concertos. O lume sagrado do campamento pechouse pouco antes da madrugada, cando se entregaron os premios ás mellores construcións feitas polos veciños e as veciñas de Xinzo, tanto de castrexos como de romanos. Un festa, sobre todo, tamén de confraternización.