Publicador de contidos
Publicador de contidos

Recrúan as críticas entre o PSOE e o PP a conta da reforma da sedición

Recrúan as críticas entre o PSOE e o PP a conta da reforma da sedición

No PSOE, Félix Bolaños sostén que tanto o PP coma Puigdemont "seguen falando desde o rancor e polarizando con mentiras"

Mentres, Elías Bendondo, do PP, cualificou a Sánchez como un amoral que se pon de xeonllos ante os independentistas para seguir na Moncloa

G24.gal 13/11/2022 14:55 Última actualización 13/11/2022 17:34

O ministro da Presidencia Félix Bolaños visitou Segovia e alí falou dunha dereita que xera división e tensión ante o intento de homologar con Europa a reforma do delito de sedición.

Dixo que co PSOE no poder o Goberno catalán cumpre a lei e que co PP proclamou a independencia. Equiparou despois a Puigdemont co Partido Popular.

"O Partido Popular e Puigdemont seguen azuando o enfrontamento e seguen en contra de todas as solucións. Seguen falando desde o rencor, polarizando, con mentiras, con odio, queren a tensión que se viviu en Cataluña e en España".

O coordinador xeral do PP Elías Bendondo desprazouse a Castela-A Mancha para pedirlle a García Page e a outros baróns socialistas críticos no tema da sedición que freen cos seus deputados e senadores a Sánchez.

Bendondo sinalou que agora proclamar a independencia será equiparable a queimar colectores na rúa e que Sánchez é un amoral que cruzou todas as liñas vermellas.

"Agora é máis doado proclamar a independencia, agora é máis doado machucar a Constitución, agora é máis doado que os acontecementos polos que se condenou a cárcere a aqueles sexan moito máis baratos hoxe en día e iso conseguiuno o independentismo grazas a poñer a Sánchez de xeonllos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade