Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta impulsa campañas de dinamización para pór en valor os mercados

A Xunta impulsa campañas de dinamización para pór en valor os mercados

Os mercados de abastos, estes importantes lugares de encontro entre clientes e comerciantes, están a ser potenciados pola Xunta para darlles máis visibilidade aos seus puntos fortes

G24.gal 24/09/2024 15:00

É a calidez do día a día nos nosos mercados, escaparates do produto galego cunha situación estratéxica. Os clientes téñeno claro. 

Os mercados de abastos, estes importantes lugares de encontro entre clientes e comerciantes, están a ser potenciados pola Xunta para darlle máis visibilidade aos seus puntos fortes. Un, a calidade dos seus produtos e outro, a proximidade, un dos sinais de identidade e o que máis valoran os que apostan por eles para encher a cesta da compra.

O Goberno galego aposta pola revitalización destes populares espazos comerciais, co apoio a iniciativas coma esta no mercado vigués de Teis. Para os clientes outro grande agasallo é o bo facer dos praceiros.  

Cun presuposto dun millón 300.000 euros, a Xunta ofrece un marco de axudas para impulsar a excelencia dos nosos mercados. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar