Reencontro en Grecia: atopa o seu irmán entre sobreviventes do naufraxio
Reencontro en Grecia: atopa o seu irmán entre sobreviventes do naufraxio
Diminúen as esperanzas de atopar máis persoas con vida entre os ocupantes do barco de pesca afundido no mar Xónico este mércores
Polo momento hai 78 falecidos confirmados e 104 persoas rescatadas que foron levadas a terra
Ocorreu no peirao de Kalamata, un cidadán sirio deu co seu irmán entre os sobreviventes do naufraxio no mar Xónico, que deixou ducias de falecidos e desaparacidos.
Fadi, que viaxou desde Italia, abrazou o seu irmán Mohammad, de 18 anos, a través das portas do porto onde os sobreviventes do naufraxio mortal estaban retidos e atendidos nun almacén das instalacións do peirao.
Fedi, visiblemente emocionado, explicou posteriormente que o seu irmán estivera en Libia durante case dous anos agardando poder viaxar a Europa.
Polo menos 78 inmigrantes morreron no naufraxio fronte á costa grega o mércores e as esperanzas de atopar máis sobreviventes diminuíron a medida que aumentaba o temor de que centos máis, incluídos nenos, puideran afogar dentro da adega do barco.
Os informes sinalan que entre 400 e 750 persoas encheran o barco de pesca que envorcou e afundiuse en augas profundas a unhas 50 millas (80 km) da cidade costeira de Pylos.
As autoridades gregas dixeron que 104 sobrevivientes foran levados a terra. Moitos deles ían ser trasladados a un campamento de migrantes este venres.