Cargando resultados...
Reganosa reduce a entrada de gas ruso e aumenta a descarga de barcos dos EUA
Reganosa reduce a entrada de gas ruso e aumenta a descarga de barcos dos EUA
A empresa traballa en proxectos de enerxías limpas para avanzar na transición enerxética
G24.gal
11/05/2022 14:28
Última actualización 11/05/2022 14:51
Reganosa reduce a entrada de gas ruso nas instalacións de Mugardos. O obxectivo: ir incrementando o gas procedente dos Estados Unidos. De feito é xa o principal subministrador desta planta, unha das seis regasificadoras que se reparten por España.
Un 40 % do gas que chegou en barco no que vai de ano procede deste país e a previsión é a de seguir incrementando esta relación comercial. E é que este é o punto máis próximo de toda Europa para a descarga do gas, o que abarata os custos para as operadoras.
Ademais, Reganosa traballa noutros proxectos de enerxías limpas para seguir avanzando na transición enerxética.