Rehabilitan escolas rurais na Pastoriza para paliar a falta de vivenda
Rehabilitan escolas rurais na Pastoriza para paliar a falta de vivenda
Álvare, Bretoña e Crecente son as parroquias da Pastoriza que terán novos veciños
Xa está aberto o prazo para inscribirse e optar a un alugueiro
Tres parroquias da Pastoriza van recibir antes de que remate o ano seis familias como novos veciños. As antigas escolas de Álvare, Crecente e Bretoña, que estaban abandonadas ou con escaso uso, foron rehabilitadas e xa se abriu o proceso para que os interesados poidan alugar as dúas vivendas que hai en cada escola. A idea é que as parellas novas que desexen independizarse teñan onde facelo ou dar casa a novos veciños.
A desconfianza dos propietarios de vivendas baleiras, a crecente man de obra que está a chegar ao concello e a necesidade de dotar de utilidade estes espazos públicos que estaban parados están detrás do proxecto.
Ata o 16 de xuño está aberto o proceso de inscrición para optar a unha destas vivendas, que se alugan por un período de cinco anos prorrogables.