Reivindican a figura do sommelier no seu día internacional
Reivindican a figura do sommelier no seu día internacional
En Galicia hai arredor de cen destes profesionais
Cren que o seu labor pode frear a caída de consumo do viño
Do latín sumere, absorber, toman o seu nome os profesionais que en tendas especializadas e restaurantes informan sobre as cualidades de cada viño e de cada anada e asesoran os clientes á hora de beber ou mercar. Unha tarefa que fai precisa unha actualización constante sobre un mercado no que as referencias son case infinitas.
En Galicia hai arredor de cen destes profesionais. Nun momento en que o consumo de viño caeu un 18% en todo o mundo, o seu asesoramento para desfrutar de cada botella pode ser unha boa receita para reverter esa situación e reintroducir a cultura do viño como elemento de calidade.
O Gran Duque de Borgoña foi quen creou e difundiu por toda Europa no século XVII a figura destes mestres do viño.