O papa bendice os mozos europeos da Peregrinación da Xuventude a Compostela
O papa bendice os mozos europeos da Peregrinación da Xuventude a Compostela
Fíxoo Francisco tras o rezo do Ángelus dominical desde a ventá do pazo Apostólico no Vaticano
O encontro clausurouse cunha celebración eucarística no Monte do Gozo
Os actos de peche da Peregrinación Europea da Xuventude trasladáronse xa onte ao Monte do Gozo, onde os participantes tiñan programado un serán de espectáculos musicais.
Os 12.000 rapaces e rapazas católicos reunidos en Santiago fixeron tamén vixilia de oración.
Ás dez desta mañá chegou o acto de clausura: unha celebración eucarística con medio cento de bispos e 200 sacerdotes.
Organizadores e rapaces facían un balance positivo desta peregrinación de cinco días. Moitos marchan coa vista posta en próximos encontros, en especial a Xornada Mundial da Xuventude que se desenvolverá o ano que vén en Lisboa.