Remata a restauración da pintura da catedral mindoniense
Remata a restauración da pintura da catedral mindoniense
Traballouse arreo durante case un ano e investíronse 270.000 euros
Recíbenos don Pedro, deán da catedral de Mondoñedo, nunha sancristía marabillosa.
El é o noso cicerone polas obras restauradas da catedral, empezando polas pinturas dos laterais, que son do século XV, e nas que se fixeron pequenas intervencións de limpeza de fondos, tanto na dos milagres de San Pedro coma na da matanza dos inocentes.
No centro da catedral, onde se recollen escenas bíblicas pintadas no XVIII, a restauración foi máis estrutural, xa que a humidade facía saltar a pintura.
Tamén se restauraron as pinturas da virxe do presbiterio, que recuperaron a súa viveza orixinal, ao igual que todo o altar rococó, onde semella que tivese luz propia o dourado que ten de fondo a Virxe da Asunción.
O deán tamén defende que este patrimonio é de todos.
Os traballos nesta seo están dentro dun plan co que a Xunta está intervindo en varias catedrais para conservar o seu valor patrimonial.