Publicador de contidos
Publicador de contidos

Remata en Portosín a ruta náutica xacobea que arrancou en Barbate o mes de maio

Remata en Portosín a ruta náutica xacobea que arrancou en Barbate o mes de maio

Sete embarcacións con 28 tripulantes participaron nesta peregrinación marítima

Completaron o camiño a Compostela cun treito a pé desde o Milladoiro

G24.gal 13/06/2022 21:00

Desde o porto gaditano de Barbate partiron o 28 do mes pasado sete embarcacións coa idea de reivindicar o mar como vía xacobea de igual relevancia que as terrestres. De feito, por mar chegou o corpo do Apóstolo a Compostela.

En Portosín remataron a travesía os 28 tripulantes participantes. Antes fixeron escala en Baiona, Portonovo, Boiro e Ribeira. Lugares onde selaron a Compostela como bos peregrinos. 

Había oito anos que non se realizaba a travesía náutica xacobea, unha peregrinación marítima que en 2014 xuntou 45 embarcacións e 275 mariñeiros. O obxectivo é recuperar a iniciativa e impulsar o sector náutico-recreativo galego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade