Publicador de contidos
Publicador de contidos

Remata un San Froilán multitudinario con longas esperas nas casetas do polbo e a cidade ateigada

Remata un San Froilán multitudinario con longas esperas nas casetas do polbo e a cidade ateigada

As casetas estiveron cheas e houbo que agardar case dúas horas para comer o polbo

G24.gal 12/10/2023 19:40 Última actualización 12/10/2023 20:55

As ringleiras de xente durante todo o día para cumprir coa tradición de comer o polbo son a mellor proba de que este San Froilán que remata foi multitudinario, cunha grande afluencia de turistas de moitos puntos de España. 

Moitos din que non hai nada igual ca o San Froilán. E este ano, ademais, o tempo máis ben estival foi o mellor aliado da chamada festa grande do outono galego.

Ademais do polbo ou os carruseis, as rúas estiveron ateigadas para desfrutar das feiras de artesanía ou a medieval. Remata o programa de actividades, pero as atraccións seguirán ata o sábado e as casetas do polbo ata o 1 de novembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos