Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rematan os traballos da expedición do Ártabro en Terra Nova sen atopar ningún corpo no Pitanxo

Rematan os traballos da expedición do Ártabro en Terra Nova sen atopar ningún corpo no Pitanxo

As famlias dos mariñeiros confírmaronlle a TVG que o robot Tritón xa captou todas as imaxes precisas para a investigación xudicial aberta

As gravacións do robot submarino certificaron que se trata do pesqueiro galego que naufragou en febreiro de 2022 en augas de Terra Nova

O robot submarino localiza a estrutura metálico do Villa de Pitanxo
G24.gal 04/06/2023 22:17 Última actualización 04/06/2023 22:34

As familias dos mariñeiros desaparecidos no naufraxio do Villa de Pitanxo en febreiro de 2022 en augas de Terra Nova confirmáronlle esta noite a TVG que desde o Canadá os informaron de que a expedición do Ártabro rematou os seus traballos.

Desde alí os responsables da expedición xa lles dixeron que non puideron localizar ningún dos corpos dos mariñeiros galegos desaparecidos, pero que xa teñen todas as imaxes precisas para a investigación xudicial aberta en España por este caso

O robot submarino que descendeu o sábado desde o buque Ártabro, encargado da misión de procura, localización e inspección dos restos do Villa de Pitanxo, confirmou que a estrutura metálica localizada é efectivamente do pesqueiro galego que naufragou en 2022 en Terra Nova.

As gravacións buscan coñecer con máis claridade cales foron as causas que desencadearon o naufraxio o 15 de febreiro de 2022, no que 21 dos 24 mariñeiros a bordo perderon a vida.

O Ártabro, que partiu o 17 de maio do porto de Vigo cara á zona do naufraxio para localizar o barco afundido, dispón dun robot somerxible que foi o encargado de inspeccionar a zona e que baixou ás profundidades para gravar "o máis preto que puido", sempre coas máximas condicións de seguridade.

Tan só tres dos 24 tripulantes sobreviviron ao naufraxio do Villa de Pitanxo: o patrón, o seu sobriño e un mariñeiro de orixe ghanesa. Os corpos sen vida de nove falecidos foron rescatados, pero permanecen aínda desaparecidos outros doce mariñeiros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade