Publicador de contidos
Publicador de contidos

Remolcan un veleiro con catro tripulantes tras sufrir danos por interacción con candorcas en Fisterra

Remolcan un veleiro con catro tripulantes tras sufrir danos por interacción con candorcas en Fisterra

Outra embarcación puido escorrentalas mediante a proxección de focos de luz e non necesitou asistencia   

G24.gal 26/08/2023 14:00

O veleiro Sabre 2, de bandeira eslovaca e con catro tripulantes a bordo, tivo que ser remolcado tras sufrir danos nos dous temóns por mor dunha interacción con candorcas a unhas nove millas ao sur de Fisterra.

Salvamento Marítimo informa que a Salvamar Regulus remolcou a embarcación ata Muros tras recibir a alerta dos tripulantes ás 09:00 horas deste sábado e ao principio pensaban que poderían chegar a Vigo.

As persoas que ían a bordo están ben.

O venres pola noite contra as 23:40 horas, outro veleiro sufriu unha interacción con candorcas, pero non necesitaron a intervención de Salvamento e chegaron polos seus medios a Vigo, verificou Salvamento Marítimo.

Un dous seus tripulantes informou no Facebook de Orca Attack Reports que a interacción durou uns 20 minutos e nese tempo o temón foi "golpeado violentamente aproximadamente dez veces".

A continuación, explicou que desconectaron o piloto automático, apagaron o motor e toda a iluminación do barco. Con todo, cada vez que as candorcas saían á superficie lanzáronlles "potentes focos directamente" tras o que as candorcas "pareceron perder o interese e marcharon".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade