Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dimiten o presidente de Renfe e a secretaria de Estado de Transportes, a galega Isabel Pardo de Vera

Dimiten o presidente de Renfe e a secretaria de Estado de Transportes, a galega Isabel Pardo de Vera

A ministra acepta a súa saída pola crise dos trens en Asturias e Cantabria

Raúl Blanco substituirá a Táboas e David Lucas a Pardo de Vera

G24.gal 20/02/2023 15:21 Última actualización 20/02/2023 21:29

O cesamento de dous cargos técnicos non foi suficiente. A polémica dos trens que non cabían polos túneles de Asturias e Cantabria acabou forzando a saída de dous altos cargos.

A ministra Raquel Sánchez aceptou a dimisión da súa número dous, a secretaria de Estado de Transportes, a galega Isabel Pardo de Vera, e a do presidente de Renfe, Isaías Táboas.

"Hai momentos na política en que toca asumir responsabilidades", asegurou a ministra. 

Raquel Sánchez agradeceu publicamente o traballo que desempeñaron Pardo de Vera e Táboas. As dimisións déronse a coñecer coincidindo coa reunión da ministra cos presidentes de Asturias e Cantabria.

"Son dimisións, non cesamentos, pero en política xa sabemos que son esas dimisións", dixo Miguel Ángel Revilla.

"Depuradas as responsabilidades por parte do ministerio ao asumir esas dimisións, o que nos quedou nesta reunión foi centrarnos nas compensacións", explicou o presidente do Principado, Adrián Barbón.

En compensación as viaxes de proximidade serán gratis en Asturias e Cantabria ata que cheguen os novos trens en 2026. A ministra de Transportes pediu desculpas polo ocorrido.

"Houbo erros iniciais e tardouse en dar resposta a un problema complexo", dixo Raquel Sánchez.

 O Consello de ministros aprobará este martes os nomeamentos de David Lucas e Raúl Blanco en substitución de Pardo de Vera e Isaías Táboas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade