Publicador de contidos
Publicador de contidos

Renace o Vello Camiño de Santiago, que comeza na Coruña ou Betanzos e conflúe en Rodís

Renace o Vello Camiño de Santiago, que comeza na Coruña ou Betanzos e conflúe en Rodís

Segundo os historiadores, esta foi unha das primeiras ruas que percorreron os peregrinos que chegaban por mar ao norte de Galicia

G24.gal 27/06/2024 14:21

Santiago asiste hoxe ao renacemento dunha das súas rutas de peregrinación máis vellas. Sae da Coruña e de Betanzos e conflúe a medio camiño, na parroquia de Rodís, para continuar despois ata o Obradoiro. Segundo os historiadores, foi das primeiras que percorreron os peregrinos que chegaban por mar ao norte de Galicia.  

Manuel Chouciño, o cura de Tordoia, foi un dos impulsores da recuperación desta ruta, en que deposita a esperanza de que devolva vida a aldeas que quedan baleiras. Da man da ONG Lions Internacional, comezou unha investigación histórica, que a sitúa como unha das preferidas dos primeiros peregrinos que chegaban por mar.

 "Cando chegaban ás costas galegas desembarcaban en diversos portos, pero os primeiros foron A Coruña e Betanzos. Son os que tiveron máis recepción de peregrinos nos primeiros séculos. Desde alí, transitaban camiños xa existentes, para tránsito comarcal de mercadorías...", explicou Carmen Payá, Historiadora.
 

Camiños, algúns, que foron abandonados e que agora renacen nunha ruta que é cómoda, sen pendentes, segura e agradable. Por sendeiros de terra, corredoiras, carballeiras, aldeas pequenas. Apenas pasa por núcleos urbanos. Son case 100 quilómetros exactos, desde calquera dos puntos de inicio, e serve para conseguir a compostela.

Á espera de definir as paradas en función dos recursos, a ruta xa esta na Internet para quen queira ir facendo plans.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade