Renato Tapia: "Marcho con moita pena e gratitude"
Renato Tapia: "Marcho con moita pena e gratitude"
Despois de catro tempadas o peruano deixa o Celta
O “cabezón” chegou ao Celta no verán de 2020 procedente do Feyenoord
![](https://img-g24-crtvg.flumotion.com/prog24/2024/20240701/tapiacelta.png)
O internacional peruano Renato Tapia, que este domingo deixa de pertencer ao Celta tras unha etapa de catro tempadas en Vigo, despediuse do club que lle permitiu cumprir o seu soño de xogar na liga española.
“Co corazón na man, con moita pena pero á vez con moita gratitude, chegou a hora de despedirme do club que me abriu as portas para poder cumprir un dos meus soños, xogar na Liga”, sinalou o mediocentro na súa carta de despedida.
O “cabezón” chegou ao Celta no verán de 2020 procedente do Feyenoord. Tras un primeiro ano brillante en Balaídos, Tapia foi perdendo protagonismo no equipo, co que xogou un total de 120 partidos, 21 deles nesta última tempada.
“Levo os mellores recordos de todas as tempadas en situacións adversas e positivas. Foron anos de moita aprendizaxe, de moito crecemento tanto no deportivo como no persoal co grupo”, indicou.
𝑺𝒆𝒎𝒑𝒓𝒆 𝑪𝒆𝒍𝒕𝒂, @renatotapiac 🩵🇵🇪 pic.twitter.com/mtdFoDO7ds
— RC Celta (@RCCelta) July 1, 2024