Publicador de contidos
Publicador de contidos

Renfe eleva a 166 millóns a súa reclamación a Talgo polos atrasos na entrega dos Avril

Renfe eleva a 166 millóns a súa reclamación a Talgo polos atrasos na entrega dos Avril

Advírtelle de asumentar a sanción a partir do 1 de abril a razón de 80.000 euros diarios por danos e prexuízos

G24.gal 08/03/2024 14:45

Renfe elevou este venres a reclamación a Talgo polo atraso na entrega de 15 trens Avril ata 166,6 millóns, porque cifra en 50 millóns o lucro cesante derivado desas demoras, un día despois da opa lanzada por Magyar Vagon sobre a española.

Nunha carta ao conselleiro delegado de Talgo, Gonzalo Urquijo, asinada polo director xeral de Operacións de Negocios e Operacións de Renfe, Óscar Gómez Barbero, a operadora engade que no caso de que non poidan entrar en servizo antes do 1 de abril (deberían facelo no verán der 2021), sumará 80.000 euros diarios por danos e perdas.

Sinala na carta, á que tivo acceso EFE, que a documentación achegada ata o de agora por Talgo "non xustifica" que os atrasos na entrega dos trens S106 non sexan imputables ao construtor. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade