Publicador de contidos
Publicador de contidos

Renfe reforza con dous dos seus directores o mantemento dos novos trens de Talgo

Renfe reforza con dous dos seus directores o mantemento dos novos trens de Talgo

Pasaran a traballar en Tarvia, empresa conxunta entre Renfe e Talgo, co obxectivo de acelerar as reparacións e evitar incidencias

Novo tren Avril en probas en Galicia Novo tren Avril en probas en Galicia
G24.gal 14/08/2024 20:24

Renfe puxo dous dos seus directores para traballar en Tarvia, empresa conxunta con Talgo, encargada do mantemento dos novos trens Avril S106, que rexistraron 479 incidencias desde o 21 de maio, segundo publica este mércores El País e confirmaron fontes do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible.

A incorporación a Tarvia (da que Talgo ten o 51 % e o 49 % restante é de Renfe) destes dous directores da operadora pública encargados de enxeñería e mantemento, así como a posta en marcha dunha quenda de traballo nocturna, permitiu reparar sete trens S106 que hai unha semana estaban parados por diversos fallos e outras circunstancias.

Renfe conta así nestes momentos con 18 trens Avril á espera da reparación doutros catro e da entrega por parte do fabricante de oito unidades máis, para completar o pedido contratado con Talgo dun total de 30 unidades.

Desde a súa posta en servizo ata o pasado 5 de agosto, os S106 realizaron 1.768 servizos e, nun 27 % deles rexistrouse algunha incidencia.

Das 479 incidencias rexistradas, 352 produciron atrasos de entre 10 e 30 minutos na chegada ou saída dos trens; 99 provocaron demoras de entre 30 minutos e 60 minutos, e 28 chegaron máis dunha hora tarde. En 14 servizos foi necesario trasbordar aos viaxeiros.

O último contratempo rexistrouse a semana pasada, cando case 500 persoas quedaron atrapadas nun túnel durante máis de dúas horas, sen luz nin auga suficiente, preto da estación madrileña de Chamartín.

A inhabilitación desa vía de entrada en Madrid mentres se resolvía a incidencia tivo efecto nun total de 34 servizos e case 12.000 pasaxeiros. Renfe deberá indemnizar a todos os viaxeiros afectados con 390.000 euros. O ano pasado pagou 42 millóns de euros neste tipo de compensacións.

Os motivos principais destas incidencias son avarías ou disfuncións do material motor, seguido por problemas na tracción e nas portas de acceso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade