Ringleiras de xente na 'Dona Manolita galega' para facerse cun décimo do Nadal
Ringleiras de xente na 'Dona Manolita galega' para facerse cun décimo do Nadal
A administración X da Sorte, no Porriño, vendeu cinco Gordos nos últimos seis anos
Algunhas administracións de lotaría vense avaladas polos seus resultados históricos, polo seu amorío coa fortuna ano tras ano.
Dende o 2019 na X da Sorte, no Porriño, venderon cinco gordos da lotaría do Nadal. Pode ser sorte ou pode ser estatística.
Venden moito, moitos números e toca máis. Por iso dende hai días xa se forman ringleiras de soñadores da fortuna. O chat GTP prognosticou o 20204. E loxicamente está esgotado.
"Está máis que esgotado. A intelixencia artificial foi a que ditaminou que este ano pode ser o Gordo, o que antigamente facían meigos, bruxos... A terminación en 13 é a máis solicitada. O 24 por estar no ano no que estamos. E moita xente está a pedir os números de Valencia, polo tema da DINA, porque despois dun suceso tráxico a ver e trae boa sorte. Pero sobre todo, décimos que xoguen nas administracións de alí, de Valencia", conta á TVG Benjamín Martínez, loteiro da X da Sorte de Porriño.
Ata aquí, ata Porriño, vén xente de toda Galicia, e de toda España, animada pola historia de amor entre a fortuna e esta administración, á que xa lle chaman a 'Dona Manolita galega'.
Porque nesta casa o cava está xa a arrefriar. Teñen o bo costume de axitalo o 22 de decembro. Así é dende o 2019.