Un libreiro de Lugo regala 100 décimos da lotaría de Nadal
Un libreiro de Lugo regala 100 décimos da lotaría de Nadal
Reparte os décimos entre veciños da zona que traballaron en prol do barrio
Nesta libraría de Lugo con despacho de loterías argallan cada Nadal un particular repartimento de décimos. Adoitaban escondelos no barrio e dar pistas para a súa localización pero agora cambia a dinámica. Xa non é un xogo para quen teña folgos en participar, senón un regalo directo para quen o ten ben merecido.
"Imos agasallar 100 décimos, repartilos entre familias deste barrio de San Antón. Nós coñecemos moitas historias que hai detrás destas familias que nos anos 80 e 90 pasaron moitas dificultades", explica o promotor da iniciativa, Fernando Toubes.
Cun número con gran significado, o mes e o ano de apertura da libraría, a iniciativa esperta ledicia e grande acollida entre os veciños deste barrio de San Antón.
Estes días comezan os esperados encontros coas familias seleccionadas ás que para pola rúa.
"A sorpresa é cando os atopo na rúa e llelo comunico. É un encontro moi emocionante porque eles saben porque é. Merecen esa homenaxe e pedímoslles a dirección e meterémoslle o sobre co décimo por debaixo da porta para que teñan o seu agasallo", relata Fernando Toubes.
Este particular aguinaldo que agora prepara coarase baixo as portas dos 100 agraciados nos vindeiros días co desexo de achegarlles a sorte a todos eles.