Publicador de contidos
Publicador de contidos

Resaca da celebración do premio Gordo en Cambre

Resaca da celebración do premio Gordo en Cambre

Aínda están procesando o impacto da sorte no asador Gaucho

Pablo, Pili e Manuela: tres dos aagraciados que mercaron décimos no asador Gaucho Díaz
G24.gal 23/12/2022 13:43

Aínda están procesando o impacto da sorte en Cambre, no asador onde se van repartir 120 millóns de euros. Moitos afortunados tamén alí, clientes, veciños e traballadores do negocio, que hoxe non abriu as súas portas.

Aínda resoa tamén a euforia, a emoción e a festa que onte se viviu no Temple, especialmente no epicentro da celebración, o asador Gaucho Díaz, que repartiu a sorte. Pero tras a festa chegou a calma. Esta mañá o establecemento permanecía pechado. Donos e traballadores tomaron un descanso.

Fan o propio tamén algúns dos clientes afortunados, como Pablo. Un camioneiro de profesión ao que o premio sorprendía conducindo. Agora Pablo só pensa en descansar, adiantou as vacacións de Nadal e baralla adiantar a xubilación.

Manuela é veciña do Temple e clienta do Gaucho. Di que tivo unha corazonada cando decidiu mercar ese décimo. Un día despois e pasada a euforia inicial intenta aínda asimilar, iso si, cos cartos xa na súa conta.

Coa tranquilidade que dá ese colchón económico, asegura que non vai deixar de traballar, pero tomarao con mais calma. E algún capricho pensa concederse.

Como Manuela, Pablo e Pili, son moitos os veciños do Temple tocados pola fortuna que onte celebraron a sorte e hoxe espertaron un pouco máis tranquilos e felices.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade