Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rescatados os quince tripulantes dun barco de Burela que ardeu no Gran Sol

Rescatados os quince tripulantes dun barco de Burela que ardeu no Gran Sol

Os mariñeiros do Nuevo San Juan foron rescatados sans e salvos polo buque Nuevo Confurco

Imaxes do incendio
G24.gal 02/07/2023 13:49 Última actualización 02/07/2023 21:03

Pasaba pouco das sete da mañá cando o Centro de Salvamento Marítimo de Fisterra recibiu a petición de axuda do Nuevo San Juan que navegaba no Gran Sol. Alertaba dun incendio importante no barco onde estaba aínda toda a tripulación, 15 en total.

Activábase simultaneamente o protocolo de salvamento tamén no centro británico. Á chamada de auxilio na zona acudiu o pesqueiro vigués Nuevo Confurco que en menos de dúas horas rescatou ilesos todos os mariñeiros que se botaran ao mar nas balsas salvavidas.

Poñían entón rumbo cara ao porto irlandés de Castletownbere a onde chegarán este luns ao mediodía.

Orixe do lume

Pouco se sabe de momento sobre as causas do lume, só que se propagou con moita rapidez. Á espera do que recolla a protesta de mar e dos testemuños dos mariñeiros polo de agora non transcenderon máis datos do incendio.

O Nuevo Confurco no porto de Vigo nunha imaxe de arquivo O Nuevo Confurco no porto de Vigo nunha imaxe de arquivo

O Nuevo San Juan andaba á pescada en augas irlandesas. O buque ten 31 metros e medio de eslora, e o seu estado era bo. Hai unha algo máis dunha semana que fixera a última descarga e saíra para unha nova marea de 15 días do porto de Burela. 

O Nuevo San Juan, amarrado no porto de Burela, nunha imaxe de arquivo O Nuevo San Juan, amarrado no porto de Burela, nunha imaxe de arquivo
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade