Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rescatados os 14 tripulantes dun buque de Burela afundido en Guipúscoa

Rescatados os 14 tripulantes dun buque de Burela afundido en Guipúscoa

Os 13 mariñeiros e o patrón do barco son galegos

Foron rescatados en bo estado e foron trasladados ao porto de Pasaia por Salvamento Marítimo 

O María Reina Madre sufriu unha vía de auga cando andaba á pescada

Salvamento Marítimo
G24.gal 09/02/2024 11:13 Última actualización 09/02/2024 20:24

Unha dotación de Salvamento Marítimo e unha patrulleira da Garda Civil rescataron esta mañá os 14 mariñeiros do pesqueiro María Reina Madre cando se atopaba navegando fronte ás costas guipuscoanas.

O barco, con base no porto galego de Burela, atopábase a unhas nove millas ao norte de San Sebastián cando activou a chamada de emerxencia por unha vía de auga, que tras varias horas acabou provocando que afundise fronte á costa de Guipúscoa.

Os 14 tripulantes abandonaron o pesqueiro e tiráronse ao mar na balsa salvavidas onde foron rescatados por Salvamento Marítimo e trasladados ao porto de Pasaia 

O patrón maior de Burela, Basilio Otero, confirmou que "toda a tripulación se atopa ben" e aclarou que se trata dun “barco dun armador de Burela, con bandeira francesa” porque pesca pescada fronte á costa gala.

Momento do afundimento do barco

O pesqueiro, que está semiafundido, tiña unha grande escora a estribor e a máquina asolagada. A patrulleira Río Sela da Garda Civil monitorizaba a situación na zona. 

Capitanía Marítima analizaba a situación para decidir se era posible que o barco recobrase a flotabilidade no lugar onde se atopaba ou se o podía remolcar o buque María de Maeztu de Salvamento, mobilizado na zona.

Non obstante, finalmente contra ás dúas e media da tarde o barco afundiu como confirmaba Salvamento Marítimo.

O María Reina Madre, un pesqueiro de 25 metros de eslora, saíu a pasada noite do porto burelao, e segundo confirmou o Delegado do Goberno País Vasco, Denis Itxaso, dirixíase a Pasaia para unha revisión técnica "periódica e ordinaria" para logo seguir navegando ata augas francesas para traballar. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade