Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rescatan seis persoas, tres delas menores, dun edificio en chamas en Vigo

Rescatan seis persoas, tres delas menores, dun edificio en chamas en Vigo

O incendio comezou de madrugada, mentres durmían

Foron rescatados por axentes da policía coa axuda dun veciño, xa que decidiron acceder ao edificio antes de que chegaran os bombeiros

Incendio no interior da vivenda Incendio no interior da vivenda
G24.gal 28/05/2024 18:36 Última actualización 28/05/2024 18:52

Axentes da Policía Local de Vigo e da Policía Nacional rescataron de madrugada seis persoas que estaban a durmir mentres ardía o inmoble onde residen.

Sucedeu o pasado domingo, segundo informou este martes a Policía Local, na avenida do Tranvía, no barrio de Cabral, onde se desprazaron os axentes pasadas as catro da madrugada tras ter coñecemento do que sucedía.

Á súa chegada, observaron que un garaxe anexo a unha vivenda atopábase totalmente envolto en chamas de grandes dimensións. Foron alertados de que nas plantas superiores do edificio había familias residindo que se atopaban descansando neses momentos, alleos ao perigo.

A escaleira exterior da edificación atopábase cuberta de fume e labaradas de lume saían a través das ventás do garaxe, de modo que os axentes decidiron non esperar polos bombeiros e acceder ao edificio. Coa axuda dun veciño, conseguiron envolver en mantas os moradores do edificio, cos que tiveron que avanzar a gatiñas para evitar as chamas ata conseguir evacualos.

Un dos homes evacuados, mentres descendía cara á rúa, tropezou lesionándose un brazo na caída e unha muller necesitou tamén atención médica, debido á inhalación de fume, sendo ambos os trasladados ao Hospital Álvaro Cunqueiro con lesións de carácter leve.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade