Rescatan catro tripulantes dun pesqueiro británico na Coruña
Rescatan catro tripulantes dun pesqueiro británico na Coruña
O Arlanda tivo unha vía de auga a 105 millas da costa e o Helimer trasladou os tripulantes a Alvedro
Os efectivos de Salvamento Marítimo na Coruña interviñeron o sábado pola tarde na costa da Coruña no rescate dun pesqueiro en dificultades. A embarcación Arlanda, que saíu do porto irlandés de Portavogie o venres estaba a unhas 105 millas náuticas da Coruña cando sufriu unha vía de auga.
Os catro tripulantes do barco, de 16 metros de eslora, deron aviso aos servizos de rescate marítimos pasadas as seis da tarde. Nun operativo coordinado desde o centro de control de Fisterra mobilizouse o avión Sasemar 102 e o helicóptero Helimer 402. Tamén se deu aviso a varios buques que estaban na zona próxima por se podían colaborar no rescate.
O helicóptero con base na Coruña logrou sacar do pesqueiro os tripulantes e trasladounos ata o aeroporto de Alvedro. Foi un operativo especialmente complexo pola dificultade nas comunicacións e pola grande distancia á costa, ao límite da zona de rescate.
Helimer 402 rescató ayer a los 4 tripulantes del pesquero Arlanda (bandera británica), con vía de agua a 105' de A Coruña. Trasladados al aeroperto de Alvedro.
— SALVAMENTO MARÍTIMO (@salvamentogob) September 18, 2022
En el operativo, coordinado por nuestro Centro en Finisterre, participó también avión Sasemar 102 y buques en la zona. pic.twitter.com/9fbpiHDyq3
¡Y así fue la operación de rescate! pic.twitter.com/S4gN93SA3U
— SALVAMENTO MARÍTIMO (@salvamentogob) September 18, 2022