Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rescatan dúas mozas na praia de Rebordelo, pertencente a Cabana de Bergantiños

Rescatan dúas mozas na praia de Rebordelo, pertencente a Cabana de Bergantiños

 Metéronse na auga cunha táboa e levounas a corrente ata que subiron a unhas rochas 

Quedaron illadas ao subir a marea ata que as puideron rescatar os equipos de emerxencia

G24.gal 17/07/2023 21:10 Última actualización 17/07/2023 21:15

Dúas mozas foron rescatadas esta tarde na praia de Rebordelo, en Cabana de Bergantiños. As mozas metéronse no mar cunha táboa e levounas a corrente ata que lograron refuxiarse subindo a unha zona de rochas, onde quedaron illadas ao subir a marea.

Foi un particular quen alertou o 112 da emerxencia. Ao lugar desprazáronse membros do GES de Ponteceso e axentes da Garda Civil. Os efectivos accederon por unha zona de monte para rescatalas e atopáronse coas rapazas en perfecto estado sen necesidade de asistencia médica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade