Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rescatan en estado grave un sexaxenario illado na súa casa en Bóveda

Rescatan en estado grave un sexaxenario illado na súa casa en Bóveda

Os bombeiros de Monforte tiveron que entrar por unha ventá da vivenda para evacualo

O home, que foi ingresado na UCI do HULA, tiña síntomas de deshidratación e hipotermia

Félix Aragunde 10/01/2023 13:44

Un home de 63 anos foi rescatado polos servizos de emerxencias na súa casa en Freituxe, no concello de Bóveda. Foron os propios veciños os que alertaron o 112, ao non saber del durante varios días.

Para extraelo da vivenda foi precisa a intervención dos bombeiros de Monforte, que tiveron que entrar no inmoble por unha ventá.

Tomás Losada, sarxento dos bombeiros de Monforte: "Os veciños non souberon desta persoa durante catro días. Cunha escada, accedemos á casa por unha ventá e atopámola en moi mal estado. Xunto co persoal do 061, rescatámola e trasladámola á ambulancia".

O sexaxenario, que vivía só, encontrábase medio inconsciente no momento do rescate. Estaba deshidratado e tiña signos de hipotermia.

Tomás Losada, sarxento dos bombeiros de Monforte: "El tiña síntomas de deshidratación. Estaba vivo pero en moi malas condicións".

Dada a gravidade do seu estado, unha vez evacuado nunha ambulancia ao hospital comarcal de Monforte, o home foi trasladado ao HULA, onde permanece ingresado na unidade de coidados intensivos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade