Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rescatan tres golfiños varados na enseada que separa Boiro e Rianxo

Rescatan tres golfiños varados na enseada que separa Boiro e Rianxo

Unha mariscadora da confraría de Rianxo avisou da presenza dos animais

Colaboraron no rescate os equipos da CEMMA, emerxencias de Boiro e a confraría de Rianxo

G24.gal 02/09/2022 14:41

É o final feliz dunha historia que podería terminar de xeito moi distinto se non fose pola rápida actuación dos que participaron no rescate dos tres arroaces. Tiveron a sorte de que os atoparan cando estaban nunha situación moi delicada. 

"Unha mariscadora da confraría de Rianxo viu os golfiños varados na enseada que separa Rianxo e Boiro, deu o aviso o 112, que mobilizou o CEMMA e emerxencias de Boiro, coa axuda da confraría lograron capturar eses delfíns", conta Raúl Treus, delegado de Medio Ambiente en Boiro.

Sacáronos da zona onde estaban varados e achegáronos ata terra para comprobar que estaban en boas condicións para soltalos no mar.

"Lévaronos ao peirao, onde lle fixeron as analíticas e comprobaron que estaban ben".

Logo leváronos ao interior da ría para soltalos nun sitio seguro. Segundo os técnicos, nesta zona é frecuente que ocorran casos semellantes, pero con peores desenlaces.

"Varan moitos e aparecen nas praias, pero mortos. É positivo que se avise con tempo e que se poida actuar sobre eles para recuperalos".

É o que fixeron neste caso e, grazas a iso, lograron o éxito no rescate dos tres golfiños.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade